infórmate > Dano cerebral e ictus > Causas do Dano Cerebral Adquirido

Causas do Dano Cerebral Adquirido

Asociación ALENTO, centra o seu traballo na atención a persoas con Dano Cerebral. As causas máis comúns do Dano Cerebral Adquirido son os Traumatismos Craneoencefálicoes, os Accidentes Cerebrovasculares (ou ictus), os tumores cerebrais, as anoxias cerebrais e as infeccións cerebrais.

  • Os Accidentes Cardiovasculares (ACV) se coñecen tamén como ictus. Son cadros clínicos xerados pola interrupción, máis ou menos repentina, do fluxo sanguíneo na rexión do cerebro. Isto da lugar a unha isquemia e unha perda da función da que é responsable esa área do cerebro.
  • Os Traumatismos Craneoencefálicos están caracterizados pola absorción brusca de grande cantidad de enerxía cinética. Este conxunto de lesións ven acompañado, nas fases iniciais, pola formación dun importante edema cerebral e a conseguinte perda de conciencia ou “coma”. A profundidade da perda de conciencia e a duración da mesma son dous dos marcadores principais para establecer a severidade do dano cerebral.
  • Un Tumor Cerebral é un grupo de células anormais que crece e se multiplican no cerebro ou arredor del. Os tumores poden destruir directamente as células sans do cerebro. Tamén poden dañalas indirectamente por invadir outras partes do cerebro e causar inflamación, edema cerebral e presión dentro do cráneo.
  • As Anoxias Cerebrais fan referencia a unha afectación do texido cerebral debido a unha falla de oxíxeno, ben debido a un paro cardiocirculatorio, ben porque se produza un fallo respiratorio súbito, ainda que en xeral coexisten ambas situacións.
  • As Infeccións Cerebrais.  A causa mái frecuente é a infección por herpes virus. Este tipo de infección afecta aos lóbulos temporais e frontais de xeito preferente. Os problemas de memoria e de linguaxe, así como os cambios emocionais e de conducta son comúns nos casos máis graves.

 

 

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE DANO CEREBRAL EN

O dano cerebral en cifras: en Galicia e España   Información sobre secuelas do dano cerebral

O tratamento do dano cerebral   O ictus

      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
Materiais relacionados
Imaxes
  • 1 de 1

  • RUA DA PEDRA SEIXA S/N     36212     VIGO     PONTEVEDRA     986 229 069     info@alento.org