Emerxencia social
inclusión, axuda, persoas
Desde - Hasta: 21/07/2014 - Actualmente
A inexistencia de redes de apoio e o descoñecemento dos poucos recursos sociais aos que pode acceder, as dificultades de comunicación, o descoñecemento do idioma e incluso as crenzas culturais e as costumes poden agravar a situación.
Unha vez coñecido o caso iníciase o seguimento do mesmo, facilitándolle información sobre os recursos aos que pode acceder, prestacións e asesoramento legal e un programa de atención directa co obxectivo de potenciar as súas capacidades físicas, cognitivas e sociais.
O Programa de Emerxencia Social reserva un 10% das prazas do Centro de Día Terapéutico de Dano Cerebral da Asociación ALENTO para aquelas persoas que se atopan en situación de exclusión social ou para casos de Emerxencia Social.
¿QUERES COLABORAR CO PROGRAMA DE EMERXENCIA SOCIAL?
ALENTO solicita apoio a todas as persoas interesadas en colaborar coa nosa entidade para que dirixan as súas aportacións ao Programa de Emerxencia Social a través do Formulario de Doación. ¡Agradecemos o voso apoio e colaboración!