¿Por qué existe Alento?

Algúns expertos comezan xa a falar do Dano Cerebral Adquirido como dunha epidemia silenciosa. En Galicia, ó ano, preto de mil persoas sofren un dano cerebral adquirido de moderado a grave con secuelas que afectan a capacidade física, emocional,cognitiva e sensorial. Isto orixina que sexan dependentes dunha terceira persoa ou coidador principal e que padezan unha salientable desintegración social. Como consecuencia non hai un afectado por dano Cerebral Adquirido senón unha familia afectada e, polo tanto, unha sociedade afectada. Alento pretende mellorar esta situación ofrecendo diferentes servicios e actividades.