Cookies

Autodeterminación

Autodeterminación
Atención Básica e de calidade

Desde - Hasta: - Actualmente

Descrición.

O ÁREA DE CALIDADE DE VIDA de AUTODETERMINACIÓN, traballa coa persoa con DCA e coa súa familia o núcleo de convivencia para que poida decidir por si mesmo e ter oportunidade de elixir as cousas que quere, cómo quere que sexa a súa vida, o seu traballo, o seu tempo libre, o lugar onde vive, as persoas coas que está.

 

¿Qué é a Autodeterminación?

autodeterminación é un proceso que implica ir gañando control e experiencia nas nosas vidas. De nenos pasamos de depender para todo de outras persoas que nos ensinan, coidan e atenden, a ser máis independentes e decidir o que queremos facer en diferentes aspectos: ónde vivir e con quen, qué servizos utilizar, cómo pasar o día, en qué adicar o tempo, cómo participar na comunidade, ou con quen relacionarnos, son todas decisións importantes que debemos tomar nun momento ou outro. Estas decisións expresan as nosas prioridades e a nosa individualidade. A creencia de que todas as persoas poden facer eleccións ou indicar as súas preferencias é a base filosófica da autodeterminación.

Respetar o dereito de autodeterminación da persoa significa apoiar as súas decisións e asumir que, a menudo, aprenderá leccións valiosas dos erros. Todos temos limitacións para ser máis independientes e controlar as nosas vidas; éstas poden vir impostas polo número de persoas coas que vivimos en casa, pola situación do mercado de traballo ou por as persoas e servizos que nos apoian e dos que dependemos. Nembargantes, as persoas con dano cerebral a menudo enfróntanse a máis dificultades para conseguir a autodeterminación, e están máis limitadas que outros de diferentes xeitos. Limitacións impostas polo grupo de vida ou pola asunción de que por presentar unha lesión xa non poden decidir.

Autodeterminación y proyecto de vida en ALENTO

Polo tanto, mentres que a maioría das persoas disfrutamos dun nivel de independencia e de autodeterminación alto na idade adulta, nas persoas que sufriron un dano cerebral esta capacidade, e dereito á vez, vese interrumpido de xeito súbito. Por esta razón, poden precisar apoios para volver a adquirir as competencias ou habilidades que lles axuden a explorar todas as alternativas e oportunidades existentes na súa vida.

Según Schalock e Verdugo, a autodeterminación é “Decidir por sí mesmo e ter oportunidade de elexir as cousas que quere, cómo quere que sexa a su vida, o seu traballo, o seu tempo libre, o lugar onde vive, as persoas con que está”.

E sen coñecer esta definición destes dous grandes autores, os usuarios de Alento expresaban os seus desexos deste modo: “Para ser unha persoa Autodeterminada desexo: Poder tomar decisións sobre a miña vida; Recibir os apoios e adaptacións que preciso para poder decidir; Que sexan consideradas as miñas opinións, queixas e suxestións; Quero ser protagonista da miña vida”.

 

Obxectivos da área.

De acordo cos desexos, expresados polas persoas con Dano Cerebral de ALENTO - Vigo, en relación á Autodeterminación, defínense os seguintes obxectivos da Dimensión de calidade de Vida de AUTODETERMINACIÓN:

  • Capacitar e empoderar na toma de decisións e de elección ás persoas con DCA.
  • Implicar ao entorno próximo da persoa con DCA no proceso e execución de toma de decisións.
  • Asegurar que as persoas con DCA decidan sobre as súas intervencións, horarios e actividades en Alento.
  • Favorecer que a persoa con DCA exprese e defenda as súas ideas, opinión, creencias e valores.
  • Facilitar que a persoa con DCA decida, o máximo posible, sobre a organización da súa propia vida.

 

¿Qué facemos en ALENTO para traballar a Autodeterminación con persoas con Dano Cerebral?. 

Dende Alento entendemos que, si queremos favorecer a autodeterminación enas personas con dano cerebral, temos que prestar unha serie de apoios para que adquiran as competencias necesarias para elo.

Por iso, puxemos en marcha un Programa Grupal de Autodeterminación, dirixida aos usuarios de Alento; impartiremos formación sobre Autodeterminación a través da EscuelaDCA para as familias, voluntarios, profesionais que acompañan na vida da persoa con dano cerebral para que coñezan e vivencien que con apoio, podese; continuaremos realizando Plans de Mellora de Calidade de Vida tendo á persoa como protagonista e favorecendo ante todo a toma de decisións no seu proxecto de vida; y seremos creadores de oportunidades no día a día para que as persoas con dano cerebral poñan en práctica todas aquilas competencias necesarias para que sintan e experimenten a conducta autodeterminada.

Logo Entidad

O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado
da Fundación Barrié e a RSC de Edisa

Logo FBarrie Logo EDISA
RUA DA PEDRA SEIXA S/N     36212     VIGO     PONTEVEDRA     986 229 069     info@alento.org