infórmate > Dano cerebral e ictus > O Dano cerebral en cifras: En Galiza e España

O Dano cerebral en cifras: En Galiza e España

Os datos sobre Dano Cerebral Adquirido en España e Galicia, que aportamos nesta sección, están estrapolados da Enquisa de Discapacidade, Autonomía Persoal e Situacións de Dependencia (EDAD) do ano 2008 (son os datos máis actualizados que puidemos atopar).

Os aspectos máis destacados desta enquisa en relación ao Dano Cerebral son os seguintes:

EN ESPAÑA

 

  • En 2008, había 420.064 persoas con Dano Cerebral Adquirido.

 

  • En canto á causa do Dano Cerebral Adquirido: No 78% (329.544 persoas), a causa era por un Accidente Cerebrovascular, mentres que no 22% (90.520 persoas) a causa era outra diferente á do Accidente Cerebrovascular (é dicir, Trastornos Craneoencefálicos, Anoxias cerebrais, Tumores e Infeccións Cerebrais).

 

  • En canto ao xénero: O 52,5% das persoas con dano cerebral, eran mulleres e o 47,5% eran homes.

 

  • En canto á idade: O dato de incidencia por xénero varía considerablemente segundo o intervalo de idade que analicemos:

     

     

    HOMES

    MULLERES

    DE 6 A 64 ANOS

    85.091

    61.819

    MAIORES DE 65 ANOS

    114.643

    158.511

    TOTAL

    199.734

    220.330

    A incidencia en homes é maior que en mulleres dos 6 aos 64 anos, e é maior nas mulleres que nos homes maiores de 65 anos.

 

EN GALIZA

En Galiza, segundo os datos do ano 2008 da misma enquisa, había 35.756 persoas con Dano Cerebral das que o 53,6% eran mulleres (19.154) e o 46,4% eran homes (16.602).

Deste estudio, pódese extrapolar un dato de grande importancia: Galicia é a comunidade autónoma de España, coa tasa máis alta, por cada 1000 habitantes, tanto en homes (12,6) como en mulleres (13,6), de personas con Dano Cerebral.

Principales datos de incidencia do Dano Cerebral en España

 

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE DANO CEREBRAL EN

O ictus   Información sobre secuelas del daño cerebral

O tratamento do dano cerebral   Causas del daño cerebral

      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
Materiais relacionados
Imaxes
  • 1 de 2

 

Os servizos de ALENTO

Servicio residencial para personas con daño cerebral en ALENTO

ALENTO. Servicio de centro de día terapéutico para personas con daño cerebral en Vigo

ALENTO. Escuela de formación sobre daño cerebral en Vigo

 

  • RUA DA PEDRA SEIXA S/N     36212     VIGO     PONTEVEDRA     986 229 069     info@alento.org