infórmate > Dano cerebral e ictus

Dano cerebral e ictus

Dano Cerebral Adquirido (DCA) é o resultado dunha lesión súbita no cerebro que produce diversas secuelas de carácter físico, psíquico e sensorial. Estas secuelas desenvolven anomalías na percepción sensorial, alteracións cognitivas e alteracións do plano emocional.

En España viven 420.064 persoas con Dano Cerebral Adquirido (DCA) que a nivel xeral podemos definir coas seguintes características:

  • O 52% son mulleres e o 48% son homes.
  • O 65% teñen máis de 65 anos.
  • O 89% presentan algunha discapacidade para realizar actividades básicas da vida diaria.

A principal causa de Dano Cerebral Adquirido en España é o Ictus, que é a orixe no 78% dos casos. Nun 22% dos casos débede a Traumatismos Craneoencefálicos, anoxias oupor outras causas.

Na siguiente infografía recollemos, de forma sinxela e gráfica, datos recollidos polo Real Patronato de Discapacidad sobre as causas, a prevalencia ou a incidencia do Dano Cerebral Adquirido en España.

Datos sobre causas, incidencia e prevalencia do Dano Cerebral Adquirido en España

Dano Cerebral Adquirido é unha das primeiras causas de discapacidade. Nembargantes, é unha das máis descoñecidas. Por iso, dende a Asociación ALENTO, invitámoste a profundizar neste tema visitando as diferente seccións da nosa Páxina web nas que afondamos no tema.

      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
Materiais relacionados
Vídeos

Imaxes
  • 1 de 1

Os servizos de ALENTO

Servicio residencial para personas con daño cerebral en ALENTO

ALENTO. Servicio de centro de día terapéutico para personas con daño cerebral en Vigo

ALENTO. Escuela de formación sobre daño cerebral en Vigo

 

  • RUA DA PEDRA SEIXA S/N     36212     VIGO     PONTEVEDRA     986 229 069     info@alento.org