infórmate > Dano cerebral e ictus > As secuelas derivadas do Dano Cerebral

As secuelas derivadas do Dano Cerebral

As secuelas do Dano Cerebral Adquirido poden clasificarse en cinco grupos:

Problemas no nivel de alerta: Tras un Trastorno Craneoencefálico ou un Accidente Cardiovascular severo, frecuentemente prodúcese unha perda de conciencia ou coma. A severidade do coma mídese en todo o mundo coa “escala de coma de Glasgow”. Esa pode variar dende unha simple tendencia ao sono ata unha ausencia total de reacción a todo tipo de estímulos. Nos casos graves ou coma pode durar días ou semanas.

 

A cognición axúdanos a analizar todo o que nos rodea. É a capacidade de aprender, reflexionar ou tomar decisións de acordo a un razoamento. É, polo tanto, a atención, a concentración, a orientación, a memoria… e ten moito usos: dende algo sinxelo como descifrar unha mensaxe ata cousas máis complexas como organizar unha viaxe cos teus amigos.

Os problemas de cognición poden ser transitorios e reversibles, ou poden condicionar a autonomía da persoa de xeito permanente. Por exemplo, se afectan á orientación espacial a persoa afectada terá problemas para ubicarse: saber ónde está ou cara onde se dirixe. Esta situación pode coexistir coas funcións motoras, sensoriais e de comunicación intacta; o que transmite unha enganosa impresión de autonomía e de saúde que non se corresponde coa realidade.

  

Comunicación: É normal que a comunicación a través da linguaxe verbal ou escrita se vexa afectada se se producen lesións no hemisferio dominante (polo xeral, o esquerdo). Entre outros, pódense dar algúns dos seguintes problemas:

  • Afasia de predominio sensitivo: dificultade para comprender a linguaxe verbal.
  • Alexia: Incapacidade para ler.
  • Afasia de predominio motor: dificultade para emitir unha linguaxe comprensible para quen o rodea.
  • Anomia: Dificultade para nomear obxetos cotiás.
  • Disartria: Dificultade para atopar os puntos de articulación dos diferentes fonemas, polo que o discurso vólvese incomprensible.
  • Disfonía: Dificultade coa emisión da voz.

Os trastornos da linguaxe normalmente non se presentan de xeito aillados. Nalgúns casos predominan os problemas de comprensión e noutros os de expresión.

 

Problemas de control motor: As lesións nas rexións frontais e parietais dos hemisferios cerebrais, así como as lesións no tronco cerebral, provocan debilidade na parte do corpo contraria á do hemisferio cerebral lesionado.

Son frecuentes, por exemplo:

  • As hemiplexias: parálise da metade do corpo.
  • As hemiparesias: perda de forza e destreza na metade do corpo.
  • A espasticidade: que xorde pola aparición dun tono muscular anormalmente elevado nalgúns grupos musculares. Detéctase normalmente nos membros afectados pola perda de forza, por exemplo a garra palmar (a man queda completamente pechada sendo difícil a súa apertura), a flexión do cóbado ou do xeonllo e o pé equinovaro (pé en punta e coa planta xirada cara dentro). A afectación do xeonllo provoca deformidades que impedirán en última instancia colocar á persoa en pé.
  • A disfaxia: afecta á deglución, é dicir, aos movementos automáticos que nos permiten tragar sólidos e líquidos.
  • O Control de esfínteres.
  • Cadros de parálise de membros inferiores con conservación da movilidade nas extremidades superiores. A falla de movilidade nos membros condiciona perda de habilidades moi importantes, e xenera un alto nivel de discapacidade. 

 

Problemas nas emocións e a persoalidade: Con frecuencia a persoa afectada por un Dano Cerebral Adquirido presenta inestabilidade nas emocións, depresión ou perda de control sobre a expresión do choro ou da risa. En casos de ictus é especialmente frecuente a aparición dun síndrome depresivo.

Dentro deste tipo de trastornos podemos diferenciar dous prototipos predominantes:

  • O desinhibido: A persoa presenta incapacidade para frear os impulsos, actúa de xeito moi familiar con calquera persoa,… Isto pode provocar que as súas condutas se consideren inaxeitadas.
  • O apático: caracterízase pola falta de motivación, a inactividade ou a indiferencia emocional. De xeito habitual, asociados a estes trastornos da persoalidade, poden aparecer problemas de conduta, tales como a agresividade, que fan que a reintegración do paciente ao entorno sociofamiliar se vexa comprometida.

 

Problemas nas actividades básicas da vida diaria: Diferencianse dous niveis de complexidade, as actividades básicas da vida diaria e as actividades instrumentais. Dentro das básicas inclúense o aseo, o vestido, o control de esfínteres e os desprazamentos, por citar as máis importantes. As instrumentais fan referencia ao manexo da persoa na comunidade; o uso do transporte público, os bancos, a realización de compras ou xestións administrativas, o desempeño laboral son algúns exemplos.

 

Problemas na recepción da información: Facemos referencia aquí aos diversos canais polos que os humanos recibimos información. Inclúense os canais sensoriales (vista, oído, equilibrio, olfato, gusto, propiocepción) e os sensitivos (tacto).

  • En canto á vista: Dependendo do tipo de lesión pódense producir trastornos do campo visual (o afectado perde a capacidade de percibir estímulos visuais procedentes da parte do espacio contralateral ao hemisferio onde ten localizada a lesión); ou trastornos da converxencia visual (por exemplo a visión dobre)
  • En canto ao olfato: É común a perda de olfato (hiposmia ou anosmia en función do grao de severidade do síntoma). O olfato está íntimamente relacionado coa capacidade de percibir os sabores co que frecuentemente estas persoas refiren que a comida carece de gusto (axeusia).
  • En canto á audición: Sobre todo prodúcese nos casos de Traumatismo Craneoencefálico. O sentido do equilibrio depende, en grande medida, de estruturas íntimamente relacionadas co oído interno, polo que esas mesmas lesións poden afectar a esa importante función.
  • En canto ao tacto: O tacto permite notar que nos tocan ou acarician, identifica a dor, discrimina o calor ou eo frío e incluso permite percibir a forma dos obxectos, a súa textura e consistencia. Está relacionada coa propiocepción ou posibilidade de sentir as diferentes partes do corpo e a súa posición no espazo. As lesións localizadas na rexión parietal dos hemisferios cerebrais condicionan frecuentemente trastornos da sensibilidade simple ou elaborada da rexión contralateral do corpo.

 

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE DANO CEREBRAL EN

Causas do dano cerebral   O dano cerebral en cifras en España e Galicia

O tratamento do dano cerebral   O ictus

      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir

 

Os servizos de ALENTO

Servicio residencial para personas con daño cerebral en ALENTO

ALENTO. Servicio de centro de día terapéutico para personas con daño cerebral en Vigo

ALENTO. Escuela de formación sobre daño cerebral en Vigo

 

  • RUA DA PEDRA SEIXA S/N     36212     VIGO     PONTEVEDRA     986 229 069     info@alento.org