Cookies

Desenvolvemento persoal

Desenvolvemento persoal
Mellorando a autonomía persoal e a independencia.

Desde - Hasta: - Actualmente

Descrición.

O ÁREA DE CALIDADE DE VIDA de DESENVOLVEMENTO PERSOAL, traballa coa persoa con Dano Cerebral para que desenvolva dun xeito proactivo as súas habilidades, talentos e virtudes, mellorando a súa autonomía persoal e independencia, mediante estratexias de rehabilitación, compensación e sustitución.

Refírese á posibilidade de aprender diferentes cousas, ter coñecementos e realizarse persoalmente, e está relacionado coa adquisición e o uso de habilidades. Todo elo pode ser expresado por medio da consecución de actividades funcionais en diferentes ambientes, como son o fogar, o traballo, o ocio ou a educación.

Traballamos aspectos como:

  • A posibilidade de aprender distintas cosas.
  • Ter coñecementos e realizarse persoalmente.
  • Resolución de problemas.
  • Habilidades e capacidades.
  • Aprendizaxes e enriquecemento persoal.
  • Actividades da vida diaria.

 

via GIPHY

 

Desexos dos usuarios de ALENTO sobre a Dimensión de DESENVOLVEMENTO PERSOAL.

Os usuarios e usuarias de Alento, dentro da dimensión de DESENVOLVEMENTO PERSONAL, expresaban os seus desexos deste xeito: 

  • Desenvolver habilidades persoais, potencialidades, talentos e virtudes; 
  • Facer por min mesmo as cousas que podo, gañar autonomía e independencia; 
  • Poder facer realidade soños e aspiracións; 
  • Aprender cousas novas, ter novas experiencias; 
  • Utilizar o meu tempo en facer cousas que me gustan; 
  • Asumir responsabilidades propias e con outros; 
  • Ter acceso e utilizar as últimas tecnoloxías (www, móbil).

 

Estes desexos son os que nos axudan a enfocar os obxectivos que se traballan dentro da Dimesión de DESENVOLVEMENTO PERSOAL con persoas con daNo cerebral en ALENTO.

Dimensión Calidad de vida Desarrollo personal. ALENTO Vigo Daño Cerebral

 

Obxectivos do área.

  • Alcanzar unha maior autonomía persoal mediante estratexias de rehabilitación, compensación e sustitución.
  • Potenciar o aprendizaxe e/ou o desenvolvemento de habilidades, talentos e virtudes nasados nos seus gustos e centros de atención.
  • Manter as capacidades e habilidades das persoas con DCA.
  • Capacitar á persoa con DCA e ás que lles proporcionan apoio, para o desenvolvemento da súa autonomía persoal.
  • Capacitar no uso das TIC's como ferramentas de desenvolvemento e autonomía persoal.

 

Recursos humanos do área.

  • 1 Terapeuta Ocupacional
  • 1 neuropsicóloga
  • 1 integradora social
  • 7 monitores. 

 

Servizos e Actividades que se desenvolven dentro do área.

Dende Alento entendemos que, si queremos favorecer o desenvolvemento persoal nas persoas con dano cerebral, temos que crear os espazos e actividades de interese e prestar unha serie de apoios para que adquiran as competencias necesarias para elo.

Por iso, en Alento favorecemos o desenvolvemento persoal das persoas con dano cerebral, a través de diferentes accións:
 

Actividades grupais como: Estimulación cognitiva en duas modalidades: grupal (a través de dinámicas e exercicios interactivos) ou a través do programa informático NeuronUp; Musicoterapia; Lectoescritura; Cociña; Ecohuerto; Xabóns; Xoguetes; Artísticas y Artesanais como: Coiro, Textil, Artístico, Pintura, Serigrafía, Barro.

Sesións de apoio individualizado: a través dos siguientes perfís profesionais: Neuropsicoloxía, Terapia Ocupacional, Psicoloxía, Logopedia, Educación Social, Fisioterapia.

Programas grupais: pendente de dar comezo o Programa de Estimulación Visual, para traballar e compensar o déficit visual/atencional das persoas con dano cerebral, a través de profesionais como a neuropsicóloga e as fisioterapeutas.

Proxectos: Durante o ano 2019 estanse desenvolvendo os seguintes proxectos:

Identidade, EU e o AUTORRETRATO: A importancia de coñecer a miña identidade, presente ou perdida, nunha nova realidade. Proxecto que será levado a cabo en actividades grupais como Artístico, Barro, Pintura e Serigrafía.

Natureza: Mellorar o coidado e o coñecemento do medio ambiente nos diferentes membros de Alento (profesionais, persoas con dano cerebral e familias). Proxecto que se levará a cabo a través da actividade grupal de Ecohuerto e saídas organizadas.

Escuela DCA: Formación sobre Funcións Executivas: cómo abordar as dificultades de planificación, organización, inhibición… tras un dano cerebral. (20 e 21 de marzo de 2019)

Logo Entidad

O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado
da Fundación Barrié e a RSC de Edisa

Logo FBarrie Logo EDISA
RUA DA PEDRA SEIXA S/N     36212     VIGO     PONTEVEDRA     986 229 069     info@alento.org