A disfaxia e o Dano Cerebral Adquirido
Que é a disfaxia?
A disfagia é a alteración ou dificultade para levar o alimento e as secreciones endóxenas desde a boca ao esófago. É un síntoma que aparece con frecuencia en persoas que sufriron dano cerebral.
Como podemos detectar que o noso familiar con dano cerebral padece disfagia?
-
Tose antes, durante e despois da deglución.
-
Fatiga despois de comer.
-
Incapacidade en recoñecer a comida (estereognosia).
-
Sialorrea profusa.
-
Escape de alimento da cavidade oral.
-
Retención de alimento en boca ou faringe.
-
Regurgitación nasal.
-
Atragantamentos.
-
Carraspeira.
-
Diminución da saturación de osíxeno.
-
Esbirros.
-
Cianosis.
-
Disnea.
-
Disfonía: voz húmida.
-
Malnutrición - perda de peso.
-
Pneumonía aspirativa.
-
Cansazo ou somnolencia.
-
Deglucións fraccionadas.
-
Episodios de febre recorrentes.

Como se actúa desde o Servizo de Logopedia de Alento coas persoas con dano cerebral con problemas de disfagia?
Na asociación ALENTO de Vigo o Equipo de Logopedia fai unha valoración que inclúe:
-
Estudo da historia clínica da persoa con dano cerebral
-
Unha exploración da deglución cunha valoración da función respiratoria e a súa relación coa deglución, exploración miofuncional e unha exploración con probas complementarias: EAT 10, MECV V, GUSS…
Cos datos obtidos, se se establece un diagnóstico de disfagia, será necesario intervir a nivel de:
-
Contorna.
-
Posicionamento.
-
Técnicas compensatorias.
-
Produtos de apoio.
-
Volume e viscosidade do alimento.
Este proceso non é exclusivo do
servizo de logopedia, senón que conta co apoio dun equipo interdisciplinar especializado.
Todo iso para conseguir unha alimentación segura e eficaz para a persoa con disfagia.
MÁIS INFORMACIÓN SOBRE DANO CEREBRAL EN


Imprimir