Cookies

fisioterapia

fisioterapia
Procura do movemento normal

Desde - Hasta: - Actualmente

“As secuelas tras un ictus ou un traumatismo craneoencefálico son moi variables nas persoas coas que traballamos. Estas secuelas poden manifestarse a nivel físico, pero tamén a nivel conductual, cognitivo, emocional e incluso perceptivo. O obxectivo do servizo de fisioterapia de ALENTO é facilitar a movilidade e recuperación funcional dos usuarios e usuarias aumentando deste xeito a súa autonomía na vida diaria”

Miriam, Marta e Diana, Fisioterapeutas de ALENTO

 

¿Qué facemos no servizo de fisioterapia de ALENTO?

Para lograr a maior autonomía posible das persoas con Dano Cerebral Adquirido, no servizo de fisioterapia de ALENTO, traballamos aspectos como o tono postural, a sensibilidade, a movilidade articular, o equilibrio, o control postural e a reeducación da marcha.

Realizamos o traballo en función dos seguintes criterios:

  • Consecución da capacidade de desprazarse do xeito máis autónomo posible.
  • A ausencia de dor.
  • Traballo interdisciplinar para alcanzar o maior grao posible de funcionalidade nas actividades da vida diaria.
  • Usuarios que teñan un grande potencial de recuperación.

Servizo de fisioterapia para persoas con dano cerebral de ALENTO

¿Cómo traballamos no servizo de fisioterapia de ALENTO?

Realizamos unha valoración inicial, seguindo o protocolo de avaliación de fisioterapia establecido. Este permitiranos determinar os obxectivos a traballar con cada persoa con Dano Cerebral e as actividades que se levarán a cabo para alcanzalos.

Baseamos o noso tratamento no Concepto BOBATH (Procura do movemento normal dos usuarios e usuarias) e en outras técnicas de fisioterapia neurolóxicas.

Traballamos con sesións individuais e grupais:

  • As sesións individuais: Teñen unha duración aproximada de 45 minutos. O tratamento está orientado para alcanzar os obxectivos de cada usuario ou usuaria a través de tarefas funcionais e motivantes nun entorno axeitado.
  • As sesiónes grupais: Teñen unha duración de 45 minutos. Estas actividades son un complemento moi importante para alcanzar obxectivos terapéuticos e a moitos usuarios e usuario sírvenlles para manter as boas condicións físicas que presentan na actualidade.
    • Obradoiros de Psicomotricidade: Realízanse tanto dentro coma fora das instalacións de ALENTO, e neles traballamos aspectos como a movilidade, coordinación, equilibrio, forza e incluso aspectos cognitivos.
    • Piscina: Acudimos á piscina de Teis, ónde en función das necesidades de cada persoa con Dano Cerebral realízase natación adaptada ou sesións terapéuticas. 
    • Pilates adaptado: Traballamos de xeito máis específico a faixa abdominal, a musculatura das costas e o solo pélvico. 
Logo Entidad

O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado
da Fundación Barrié e a RSC de Edisa

Logo FBarrie Logo EDISA
RUA DA PEDRA SEIXA S/N     36212     VIGO     PONTEVEDRA     986 229 069     info@alento.org