¿Por qué facerte soci@ de ALENTO?
Queremos darche 4 razóns para que te fagas socio ou socia colaborador da Asociación ALENTO:
-
Porque coa túa aportación axudas a que o Dano Cerebral sea socialmente coñecido e teña a resposta necesaria por parte das administracións públicas.
-
Para que a Asociación ALENTO poda desenvolver máis e mellores servizos e programas e que estes cheguen a máis persoas e familias afectadas.
-
Para ter unha maior independencia e maior estabilidade económica, diversificar e democratizar o noso financiamento.
-
Porque regalámosche fascinantes historias de vida e superación de persoas afectadas por Dano Cerebral, que día a día loitan por mellorar, defender os seus dereitos, ser felices...
-
Ademáis como ALENTO é unha Entidade de Utilidade Pública, poderás deducir entre o 25% e o 30% da cota integral na túa declaración da renda.
Imprimir