Os usuarios e usuarias da Asociación ALENTO son persoas e familias afectadas por un Dano Cerebral Adquirido que afecta sustancialmente a súa calidade de vida e á súa autonomía persoal.
O Dano Cerebral Adquirido (D.C.A) é unha lesión que se produce nas estruturas cerebrais de forma súbita en persoas que, nacendo sen ningún tipo de dano no cerebro, sofren, nun momento posterior da súa vida, lesións no mesmo como consecuencia dun accidente ou enfermidade.