infórmate > VIVIR CON DANO CEREBRAL

VIVIR CON DANO CEREBRAL

No proceso de rehabilitación dunha persoa con Dano Cerebral Adquirido, os primeiros 24 meses van a resultar cruciais. Será o período no que se vaian producindo avances no proceso de autonomía do paciente. Ao final dese período poderemos definir con maior claridade as secuelas definitivas e a gravidade das mesmas.

Por todo elo, será fundamental que a persoa con Dano Cerebral Adquirido realice nese período toda a rehabilitación posible.

Debemos tomar este período como unha referencia, aínda que poderá variar en función de diferentes aspectos:

  • da persoa que sufríu o Dano Cerebral Adquirido (idade, características físicas,…);
  • da gravidad do mesmo;
  • da rehabilitación recibida dende o primeiro momento;
  • ou doutros aspectos como a rede de apoios cos que conte.

De calquera xeito, alcanzada esta fase de estabilización e crónificación do Dano Cerebral Adquirido, debemos seguir realizando coa persoa un traballo de rehabilitación, que nestes momentos, estará sobre todo orientado a manter os progresos alcanzados.

A persoa con Dano Cerebral Adquirido debe continuar desenvolvendo o seu proxecto de vida, lóxicamente adaptado á súa nova realidade, ás súas capacidades e ás súas motivacións. Por iso, nesta etapa haberá que seguir profundizando en todas as actividades, accións, proxectos que favorezan a integración social e o maior grao de autonomía posible.

Como en todas as fases da rehabilitación, agora tamén, haberá que traballar de xeito individual con cada persoa con Dao Cerebral Adquirido. Unha intervención, planificada, e baseada nas súas necesidades, capacidades, motivacións e apoios.

Nesta etapa podemos contar con diferentes recursos que permitan reorientar o noso proxecto de vida e nos axuden coas súas accións e actividades a alcanzar aqueles obxectivos que nos plantexemos. As asociacións que traballamos de xeito especializado coas persoas con Dano Cerebral somos o principal recurso ao que acudir, senon o utilizamos antes antes, nesta etapa, xa que traballamos cos seguintes obxectivos e prioridades:

  • defender os dereitos das persoas con dano cerebral e as súas familias;
  • buscar vías para a súa reintegración na sociedade e para a promoción da súa autonomía persoal.

ALENTO, Asociación de Dano Cerebral de Vigo ofrece distintos programas e proxectos que favorecen a integración social das persoas con Dano Cerebral, favorecen a súa autonomía e apoian ás familias a través da rede que se crea entre elas.

Na nosa entidade traballamos de xeito integral coa persoa con Dano Cerebral e a súa familia co fin de mellorar a súa CALIDADE DE VIDA, a través das seguintes DIMENSIÓNS DE CALIDADE DE VIDA:

  • Benestar Físico.
  • Desenvolvemento Persoal.
  • Benestar Emocional.
  • Comunicación.
  • Inclusión Social e Relacións Interpersoais.
  • Dereitos e autodeterminación

FONTE: Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE)

      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
Os servizos de ALENTO

Servicio residencial para personas con daño cerebral en ALENTO

ALENTO. Servicio de centro de día terapéutico para personas con daño cerebral en Vigo

ALENTO. Escuela de formación sobre daño cerebral en Vigo

 

  • RUA DA PEDRA SEIXA S/N     36212     VIGO     PONTEVEDRA     986 229 069     info@alento.org