Cookies

O fondo social europeo e a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia colaboran con ALENTO 2019

A Xunta de Galicia, o Fondo Social Europeo e a iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, colaboran con  ALENTO, Asociación de Dano Cerebral no desenvolvemento do proxecto de “PROGRAMA DE COIDADOS ESPECIFICOS NA RESIDENCIA DE DANO CEREBRAL ADQUIRIDO". Esta colaboración está enmarcada dentro da Convocatoria de  subvencións para entidades sen ánimo de lucro que contraten persoas mozas para a realización de servizos de interese xeral e social.
 
A través desta colaboración a Asociación  ALENTO contratou a 2 profesionais, que complementan ao equipo de profesionais da entidade na atención a persoas con Dano Cerebral. Estes profesionais van realizar servizos de coidados básicos como a hixiene persoal e  alimentación segura.
 
En concreto, procedeuse a contratar aos seguintes profesionais:
 
2 profesionais Auxiliares de Enfermería
 
O centro residencial de  ALENTO ten capacidade para atender a 15 persoas con Dano Cerebral, sendo a única destas características que existe na Comunidade Autónoma de Galicia.
 
Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de  Emprego Xuvenil, a través  do Programa Operativo de  Emprego Xuvenil, Eixo prioritario 5, Prioridade de investimento 8.2, Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.
 
Logotipo Fondo Social Europeo ALENTO
      Imprimir
Logo Entidad

O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado
da Fundación Barrié e a RSC de Edisa

Logo FBarrie Logo EDISA
RUA DA PEDRA SEIXA S/N     36212     VIGO     PONTEVEDRA     986 229 069     info@alento.org