Cookies

Novas

ALENTO celebra a semana do Dano Cerebral 2023 cunha programación con diversas accións

Como todos os anos  a Asociación ALENTO presenta a súa programación de actividades pola semana do Dano Cerebral 2023. Esta seman de actividades faise coincidir con dúas datas de especial significado para o noso colectivo, o 26 de outubro (Día Mundial do Dano Cerebral Adquirido) e o 29 de outubro (Día Mundial do Ictus).

 

Cartel Semana Daño Cerebral 2023 en ALENTO Vigo

21/10/2023 | Vigo

Volve a semana do Dano Cerebral á Asociación ALENTO. Como cada ano por estas datas, con motivo da celebración o 26 de outubro do Día do Dano Cerebral, estamos a preparar unha serie de actividades orientadas a sensibilizar, informar e reivindicar o papel e as necesidades das persoas con dano cerebral.
 
Neste ano 2021, as entidades de dano cerebral de toda España, da man da Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE) queremos facer especial incidencia nas seguintes cuestións que afectan o colectivo:
► Que se elabore un censo completo do número de persoas con Dano Cerebral Adquirido en España.
► Que se cree a categoría diagnóstica “Dano Cerebral Adquirido”, aplicable no momento do alta hospitalaria.
► Que se inclúa á familia como parte beneficiaria do proceso de atención, e non só como parte colaboradora.
► Que nos plans de atención sociosanitaria se teñan en conta as necesidades específicas das persoas con Dano Cerebral con maior vulnerabilidade, como son as persoas con dano cerebral severo, os menores con Dano Cerebral e as persoas con alteracións graves da conducta; así como das súas familias.
 
Todas estas prioridades de actuación e incidencia recolleranse no manifesto que faremos público o 26 de outubro de 2022.
 
Cartel Semana Daño Cerebral 2023 en ALENTO Vigo
 
 

Actividades de  ALENTO na semana do Dano Cerebral:

A Asociación  ALENTO, organiza, con motivo do Día do Dano Cerebral (26 de outubro) e do Día do Ictus (29 de outubro) unha serie de actividades a través das que pretende informar e sensibilizar sobre diferentes aspectos relacionados co Dano cerebral e a súa principal causa, o ictus.
 
25 de outubro e ata o 8 de novembro. Exposición Punto e Seguido.
A exposición poderá visitarse na zoa de consultas externas do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo (Planta -1)
 
26 de outubro. Día do Dano Cerebral. Vigo
► Xornada de portas abertas (10.00 - 13.00 horas)
► Lectura do Manifesto polo Día do Dano Cerebral. A partir das 12.00 horas nas instalacións de ALENTO en Vigo (Rúa Pedra Seixa, s/n – Navia)
► Alento na Rúa nas instalacións do CEIP Castelao de Navia (De 11.00 -13.00 horas)
 
29 de outubro. Día do Ictus.
► Mesa informativa coa Sociedade Galega de Neuroloxía no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo (A partir das 12.00 horas)

 

Arquivada en:
infórmate > Novas Asociación ALENTO
que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > > INFORMACIÓN

Logo Entidad

O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado
da Fundación Barrié e a RSC de Edisa

Logo FBarrie Logo EDISA
RUA DA PEDRA SEIXA S/N     36212     VIGO     PONTEVEDRA     986 229 069     info@alento.org